Na provincia de Lugo, na parte oriental da Serra de Meira, nas marxes do río Eo, está o Concello de Ribeira de Piquín.
Limita con A Pontenova e Riotorto ó Norte, con Baleira ó Sur, A Fonsagrada ó Leste e cos concellos de Meira e Pol ó Oeste.
A súa extensión é de 71 km2.