Fondo cabecera Concello de Ribeira de Piquín

Ribeira de Piquín

A 50 kms da capital, situado entre montañas, na ribeira do río Eo, limita ao Norte cos Concellos da Pontenova e Riotorto; ao Sur co de Baleira; ao Este co da Fonsagrada e ao Oeste cos de Meira e Pol. O seu principal núcleo urbano é Ribeira de Piquín, situado en Chao de Pousadoiro.

Entre os monumentos destacan os templos parroquais de San Xoan de Baos e o de SAN Xurxo de Piquin. Na igrexa de San Xoan de Baos, situada nun outeiro rodeado polo rio Rodil, destaca o retablo maior neoclásico así como a imaxe policromada de San Andrés, do sigo XV. As igrexas de San Xurxo de Piquin, situada na beira esquerda do rio Eo data do ano 1782 destacando un retablo neoclásico na capela lateral.

Así mesmo, en todo o Municipio encontrámosnos restos arqueolóxicos como varios mámoas e varios castros ou pegadas das minas romanas.

Destaca a casa natal de Juan Antonio Lombardero, prestixioso reloxeiro, inventor e ferreiro do século XVIII. Encóntrase en Vilarpescozo onde todavia consérvase o seu escudo de armas.

Ao pasado romano destas terras, alude claramente o topónimo "Montefurado", que fai referencia ás explotacións mineiras levadas a cabo polo imperio. As primeiras referencias históricas de Ribeira de Piquín téñense no século XI, coa restauración ou fundación do mosteiro de Meira.

Ao longo da historia, producíronse varias revoltas. As máis importantes, contra o señorío feudal, pero tamén, un século despois, contra a invasión francesa. Entre os personaxes ilustres nados neste concello destacan: Juan Antonio Lombardero (famoso reloxeiro do século XVIII nado en Vilarpescozo), Aníbal Otero (lingüista destacado no século pasado. Colaborou con estudosos como Menéndez Pidal na confección do ALPI) e Seivane (fundador dunha estirpe de elaboradores de gaitas e avó da coñecida gaiteira Susana Seivane).

A riqueza paisaxística e a existencia de restos arqueolóxicos son os reclamos mas interesantes para os visitantes. Pódense facer rutas e excursións aos depósitos arqueolóxicos, aos restos de Montefurado ou á arquitectura relixiosa.

A iso hai que engadir a gastronomía tradicional, onde os derivados do porco son o expoñente prioritario. Ao seu lado conviven o queixo, as filloas, as castañas ou os produtos da horta, ademais dos exemplares fluviais.

Axenda

Enquisas

¿Que che parece o novo portal do Concello?






 Ver resultados

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Ribeira de Piquín
Concello de Ribeira de Piquín
Chao de Pousadoiro, s/n 27242 Ribeira de Piquín - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 333 601 | Fax: 982 333 735
E-mail: ribeirapiquin@hotmail.com